Continuando coas celebracións polo 50 aniversario de SGHN-GOG, a Delegación de SGHN en Ourense organiza unha saída, exclusiva para socios, polo PN Serra de Enciña da Lastra o sábado 06/05/2023. Na declaración deste Parque Natural, a SGHN tivo un papel sobranceiro e esta é unha moi boa ocasión para achegarse a este espacio singular e coñecer algúns dos seus elevados valores desde o paisaxístico ata o biolóxico.

Enciña da Lastra ten a particularidade de asentarse sobre sustrato calizo, e polo tanto acolle unha vexetación especial e unha fauna asociada tamén particular, acrecentando estas diferencias o carácter climático máis mediterráneo desta zona.
Os compañeiros de Ourense están a traballar na elaboración do percorrido pero xa van avisando para que os socios de SGHN poidan planificar e reservar data nas axendas. As estradas son estreitas, o espazo para aparcar nalgún dos puntos é bastante limitado e a pegada de carbono sempre conta, por eso estase axustar ao máximo para evitar dificultades no desenvolvemento da xornada.
Para facilitar a organización é imprescindible, polo tanto, que os que pensedes asistir o comuniquedes ao correo da SGHN-Ourense (ourense@sghn.org). Aos que se anoten se lles enviará o detalle máis exacto do desenvolvemento da xornada, pero de seguido vai un adianto:
- ACTIVIDADE: Visita ao Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra en Valdeorras (Ourense)
- DATA: Sábado 06/05/2023
- HORARIO E PLAN:
- No entorno das 10:00 h, encontro no Barco de Valdeorras e inicio da xornada
- O itinerario da mañá discurrirá, en principio, entre Covas e Biobra
- A comida será de campo nos arredores de Biobra (cadaquén deberá levar o que precise, especialmente auga)
- Pola tarde itinerario por O Castelo e Vilardesilva
- Previsión de remate da xornada, 18:30 h
A xornada promete, raro sería que a visita non aportara novidades para os visitantes. A verdade é que con respecto a Galicia, estaremos en sitio distinto, así que animádevos que esperamos unha marabillosa xornada na vosa compañía.

