Que facemos na SGHN?
Participamos en campañas de defensa e protección da natureza.
Realizamos alegacións a proxectos que poidan afectar negativamente ao medio ambiente.
Desenvolvemos proxectos de custodia do territorio e de restauración e conservación do patrimonio natural.
Facemos os censos de aves acuáticas invernantes dende 1973.
Realizamos diversos atlas de fauna e flora de Galicia (hérpetos, insectos, flora exótica invasora, etc.)
Organizamos cursos, xornadas e saídas de campo: ornitoloxía, herpetoloxía, astronomía, botánica, entomoloxía...
Paspallás é a nosa revista de divulgación.
Editamos Braña, a primeira revista científica en galego.
Das seis da tarde ás seis da mañá: Avelaíñas e traballos da SGHN en A Limia. Vaia 12 horas!!!
Outra estupenda xornada para afondar no coñecemento da biodiversidade da Limia desenvolvida polos compañeiros das Seccións Antela e Entomoloxía os días 21 e 22 de xullo de 2018 na Veiga de Gomareite e a de Vilaseca. Coñecendo os traballos de SGHN na Veiga de Vilaseca Comenzou a xornada cun percorrido da…
Espazo profundo: M109 Efemérides astronómicas de agosto
Atlas SGHN de Flora Exótica Invasora: Lonicera japonica Thunb.
Lonicera japonica é unha planta gabeadora asiática da familia das Caprifoliáceas que foi citada en Galicia por vez primeira no ano 1959. Aínda que semellante ás dúas especies autóctonas que temos, é doada de diferenciar porque presenta as flores agrupadas en parellas e non terminais. As autóctonas teñen cabezolas de…
Sinatura dun convenio de colaboración Universidade de Vigo-SGHN
Jorge Soto, Vicerreitor do Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo, e Serafín González, Presidente da SGHN, asinaron hoxe o Convenio marco de colaboración entre a SGHN e a UVIGO ao que asistiu o Director da Escola de Enxeñaria Forestal, Juan Picos. A SGHN e a UVIGO veñen desenvolvendo distintas…
