Que facemos na SGHN?
Participamos en campañas de defensa e protección da natureza.
Realizamos alegacións a proxectos que poidan afectar negativamente ao medio ambiente.
Desenvolvemos proxectos de custodia do territorio e de restauración e conservación do patrimonio natural.
Facemos os censos de aves acuáticas invernantes dende 1973.
Realizamos diversos atlas de fauna e flora de Galicia (hérpetos, insectos, flora exótica invasora, etc.)
Organizamos cursos, xornadas e saídas de campo: ornitoloxía, herpetoloxía, astronomía, botánica, entomoloxía...
Paspallás é a nosa revista de divulgación.
Editamos Braña, a primeira revista científica en galego.
Un achádegado impresionante para a biodiversidade galega?
Segundo unha información á que tivo acceso SGHN, recentemente localizouse entre os concellos das Somozas e As Pontes de García Rodríguez unha zona cunhas características bioxeográficas tan absolutamente extraordinarias e únicas a nivel mundial que merecería a súa proteción integral inmediata e o seu estudio urxente por un equipo multidisciplinar…
8ª Edición na procura do abellaruco
Abel, o Caín das árbores
“Emiten algodones, producen alergias, dan sensación de agobio… Hay que cortarlos. Son árboles pésimos que a nadie se le ocurre plantar en las ciudades”. “Crean una grandísima polución”. “Todos los chopos tienen que caer”. “Son árboles pésimos y contaminantes. Los ciudadanos nos piden que cortemos los chopos porque generan una…
SGHN denuncia danos a un castro en Monterrei (Ourense) pola construción dunha pista
Alertada dos feitos por un socio, SGHN ven de denunciar diante do SEPRONA e a Dirección Xeral do Patrimonio Natural a recente construción dunha pista no monte comunal de San Cristobo de Medeiros (Monterrei, Ourense), que provocou danos visibles no xacemento arqueolóxico catalogado do “Castro do Muro de Búbal”.
