Sección Antela

«Só falta que alguén con capacidade de liderazgo e aglutinación de vontades lance o proceso que devolva a Galicia e aos galegos, aínda que sexa en parte, os valores e funcións que se perderon cando se desecou a lagoa de Antela».

D. Blasco

Esta frase de Delmar Blasco (Secretario Xeral da Convención de Ramsar sobre os Humidais, 1994-2002) resume á perfección a filosofía e a finalidade da Sección Antela de SGHN.

Humidal Antonio Villarino Antela

A Sección Antela, creouse o 2 de febreiro de 2011 coincidindo coa celebración do día internacional dos humedais e a conmemoración do 40 aniversario da Convención de Ramsar para traballar dentro dun ámbito territorial específico: a comarca de A Limia onde se atopaba, ata a súa desecación, a lagoa de Antela.

Os obxectivos básicos da sección son:

  • Coñecer, divulgar e salvagardar os valores naturais e tradicionais da comarca de A Limia, así como buscar a oportunidade de potencialos.
  • Compatibilizar a recuperación de humidais e zonas marxinais de A Limia coa explotación agro-gandeira sostible, sen afeccións negativas aos sectores económicos produtivos.

Dentro da estructura da SGHN a Sección autofinánciase. A publicación do conto solidario “A historia de Antela contada por unha cegoña” foi o comenzo dun camiño que culminou cóa adquisición, por parte da SGHN, dun predio de 1,2 ha. na veiga de Vilaseca: “o Humidal Antonio Villarino”. Alí desenvolveuse o proxecto de creación dun humidal estacional para recuperación de alomenos 10 especies de interese.

Simultáneamente, outras xestións fixeron posible dispor doutros espazos onde actuar destacando o aluger de predios ao Banco de Terras de Galicia. A finais de 2017 contabamos con 40 parcelas espalladas pola comarca limiá. Ainda que a maior parte dos térreos son xestionados diretamente pola SGHN en algunhas tense asinados acordos de custodia do territorio con gandeiros locais e particulares.

Apadriña unha parcela (20-30 € / ano) e poderemos manter e aumentar a superficie protexida na Limia. 

Noutra liña de traballo, acadouse un acordo de custodia de territorio sobre unha porción de 16 ha. na “Veiga de Gomareite” onde se pretende recuperar a superficie orixinal da veiga mediante a xestión da vexetación e a eliminación dos residuos que ao longo do tempo se foron amoreando neste espacio. As labores realizadas compleméntanse co proxecto de gandeiría en extensivo promovido por un gandeiro local.

Con todo, e grazas a implicación e colaboración de socios e simpatizantes, SGHN Sección Antela está a demostrar que Outra Limia é posible.

SGHN-Sección Antela segue a traballar na consecución de novos acordos

Lembra que se queres ser BEóNFEITOR e contribuir a que medre o proxecto de SGHN-Antela podes contribuir cunha doazón na conta corrente
ES63 2080 0200 4830 4012 7702

  • Beón: (nome, botánica). A pranta máis emblemática non só de Antela ou lago Bión/Beón, senón de todo o complexo húmido Limia-Antela.
  • Benfeitores: (sustantivo). Os que fan o ben.
  • BEóNFEITOR: (nome, neoloxismo). Díse do que fai o ben aos ecosistemas acúaticos de Limia-Antela.

Contacta coa sección Antela

Ultimas 10 entradas relacionadas